Nin
as 35 horas prometidas nin contratación. Así é o Calendario Laboral de Correos
e os sindicatos asinantes do Acordo Marco CCOO, UGT e CSIF. Un copia e
pega de anos anteriores.
Así queda establecido o calendario laboral para 2025:
- XORNADA ORDINARIA: Será de 37,5 horas de media semanal, en cómputo trisemanal. Para o persoal en réxime de especial dedicación será de 40 horas semanais. Cando se superen as 5 horas de xornada diaria continuada, poderase gozar dunha pausa de vinte minutos, como traballo efectivo.
- XORNADA: Adaptarase en cada centro ás necesidades operativas atendendo á actividade concreta que se desenvolva. Para a xornada de 37´5 horas poderán establecerse quendas de mañá, tarde e noite. A quenda de tarde estará comprendida, como norma xeral entre as 14:30 horas e as 22:00 horas
- SEMANA SANTA: O servizo prestarase co persoal mínimo imprescindible que garanta o desenvolvemento da actividade da empresa. A prestación de servizos ese día será retribuída coa compensación correspondente.
- VACACIÓNS: Axústanse ao recollido no III Convenio Colectivo para o persoal laboral e ao Acordo Xeral para o persoal funcionario.
- DÍAS ADICIONAIS DE VACACIÓNS: Uniranse ás vacacións. Se se gozan en dous períodos, a cada un deles engadiranse os días hábiles correspondentes, procurando que a distribución sexa equilibrada. Excepcionalmente, sempre que as necesidades do servizo o permitan, os días adicionais poderanse gozar sen unir ás vacacións e en período distinto ao vacacional.
- 6 DÍAS DE ASUNTOS PARTICULARES: Correos pretende condicionar o goce dos 6 días de AP a que 3 días se desfruten no primeiro semestre e os 3 días restantes no segundo semestre. Os días de AP poderanse prorrogar ata o 31 de xaneiro de 2026, sempre e cando exista denegación por escrito. Sempre que organizativamente sexa compatible coas necesidades do servizo e cos recursos humanos dispoñibles, poderanse acumular os días por asuntos particulares ás vacacións anuais.
- DÍAS DE ASUNTOS PARTICULARES POR ANTIGÜEDAD (CANOSOS): Os días de 2025 poderanse gozar polo persoal funcionario ata o 31 de decembro de 2025.
- CAMPAÑA DE NADAL/PAQUETERIA: O persoal operativo poderá gozar de ata dous días de permiso sen penalización, tras garantir unha adecuada cobertura no servizo.
- DÍAS 24 e 31 DE DECEMBRO: O persoal que traballe os días 24 e 31 de decembro será o mínimo imprescindible. O persoal que traballe eses días percibirá a gratificación correspondente por cada un dos días traballados.
- DÍAS 25 DE
DECEMBRO e 1 DE XANEIRO: Como
norma xeral non se prestará servizo eses días. Os empregados/as dos centros de
tratamento que traballen as noites dos días 25 ao 26 de decembro e 1 ao 2 de
xaneiro, realizarán as horas adicionais de festivo que sexan necesarias.