A CIG sector Correos ven de reclamar que con efecto inmediato se respecte e materialice o compromiso adquirido dentro do marco legal actualizado e se esixa ao Ministerio de Facenda que se paguen os atrasos con carácter retroactivo a 18 de xullo de 2023.
Lembremos que en Correos estabamos cobrando 0,23 euros por quilometro (0,19 + 0,04), é dicir, a dieta oficial máis 0,04 céntimos a maiores para compensar o desgaste do vehículo e consumo de combustible. Esta axuda extra que aumenta a base de cotización perdeuse grazas a marabillosa negociación que fixeron os sindicatos asinantes do Convenio e Acordo Xeral nunha xuntanza o pasado día 19 de outubro de 2023 aforrándolle cartos á empresa.
“Para nuestros empleados y empleadas rurales, hemos acordado con los sindicatos CCOO, UGT, CSIF y Sindicato Libre elevar la indemnización por el uso del vehículo a 0,26 euros por kilómetro....”
Como resultado agora só se cobra a dieta oficial, 0,26 euros por quilómetro contemplada por Lei. Ademais xa van 10 meses dende que se aprobara a suba no BOE e 7 meses dende que se aprobara o acordo de actualización en Correos, e aínda non se reflectiu en ningunha das nóminas dende entonces.
O/A carteiro/a Rural NON ten porque asumir do seu peto o custe do incremento do prezo do combustible, así como os prezos de reparacións, mantemento, seguros, etc.
Dende a CIG solicitamos unha... Solución Xa!!