O Xulgado
do Social nº 1 da Coruña ven de condenar á “SOCIEDAD ESTATAL DE CORREOS Y
TELEGRAFOS S.A.” a realizarlle, a un traballador, un recoñecemento médico antes
de incorporarse, despois dunha baixa prolongada, e ao pagamento de 4 mil euros en concepto de indemnización
de danos e prexuízos por non protexer a saúde dos traballadores/as.
A denuncia foi presentada pola Asesoría Xurídica da CIG da Coruña, logo da negativa de Correos de pactar no acto de conciliación celebrado no SMAC da Coruña.