29 de nov. de 2023

CAMAPAÑA NADAL 2023



Produtividade e remuneración: 

Percibirase unha gratificación de 109,63€ polo conxunto da campaña de Nadal.

Os requisitos para poder cobrar esta gratificación son:

- Permanecer vinculado e en activo en correos de forma ininterrompida dende o 1 ao 31 de decembro.

- Ser persoal funcionario, laboral fixo (incluídos fixos descontinuos e fixos a tempo parcial) e persoal laboral temporal.

- Traballar nunha das seguintes áreas: repartición ordinaria, repartición urxente, clasificación de cartería, apartados, ruteros, persoal operativo dos centros e unidades de tratamento (admisión masiva, clasificación automática, manual, produtos rexistrados e carga e descarga), sala de aparatos, rurais A, condutores interzonais e intercentros, cambio de Madrid e Barcelona, persoal operativo das oficinas postais os xefes das unidades afectadas. Os rurais B e empregados/ás con xornadas a tempo parcial en proporción á súa xornada.

Penalizacións:

Por inasistencia descontarase da gratificación:
  • 1 día 13,52€ 
  • 2 días 20,29€ 
  • 3 días 20,29€ 
  • con máis de tres días pérdese o dereito á percepción económica.
Exceptúanse da penalización:

-Os accidentes de traballo en novembro ou decembro, nacemento, acollemento e adopción dun fillo, violencia de xénero, falecemento ou enfermidade grave dun familiar ata segundo grao.

-2 días de permiso de asuntos particulares, A.P. por antigüidade ou días adicionais ás vacacións, a partir do día 12 de decembro tras garantir, en calquera caso, unha adecuada cobertura do servizo.

Medidas organizativas:

-Poderanse organizar e efectuar repartos puntuais fóra da xornada habitual.  

-En admisión masiva, carga e descarga, salas de dirección e centros de tratamento poderase autorizar a realización de horas adicionais.

Días 24 e 31: módulo de 91,65€ por traballador/día. deberán prestar servizo:

O persoal mínimo imprescindible tanto en admisión e oficinas coma en tratamento e distribución.

Días 25 de decembro e 1 de xaneiro:

Non traballará ninguén. O persoal dos centros de tratamento, que por quenda, traballe a noite do 25 ao 26 de decembro e do 1 ao 2 de xaneiro percibirá as horas adicionais de festivo.

Pagamento da campaña: Correos comprométense a axilizar os trámites para que o seu pagamento se faga efectivo na nómina do mes de xaneiro de 2023.


DEFENDE A TÚA DIGNIDADE!
CIG O TEU SINDICATO EN CORREOS.