28 de xul. de 2023

A Cig-Correos denuncia ante a Inspeccion de Traballo a situación de insalubridade do Pavillon Postal de Vigo



Catro semanas sen limpeza nun centro con setenta persoas

O sindicato CIG- Correos en Vigo , ven de denunciar ante a Inspección de traballo o que considera unha situación insostible para as compañeiras e compañeiros do pavillón postal de Vigo.

Este sindicato xa denunciou publicamente a situación que estaba a darse en varios centros de traballo en pasadas semanas, debido a falta de limpeza nos mesmos. Pero a situación do pavillón da rúa da Paz en Vigo , está a converterse en algo que sobre pasa todos os límites, sinalan dende a CIG

Catro semanas sen ningún tipo de limpeza en un centro onde traballan entorno a setenta persoas,con augas fecais que se estenden polo centro de traballo e uns cheiros insoportables na zona de baños.

Despois de reiteradas reclamacións a Correos para que tome medidas, e de que os medios se fixeran eco dos problemas, ante a persistencia da situación  o sindicato CIG,  presentou denuncia na Inspección de Traballo. 

Reclamase unha intervención inmediata para por coto a unha situación totalmente impresentable, sinalan dende CIG.

De calquera maneira en opinión de este sindicato o problema deriva da contratación do servizo de limpeza a baixa, por parte de Correos. Este non é o único caso que xera problemas que acaban sufrindo as compañeiras e compañeiros, lembran dende CIG, que recordan o caso do servizo de mantemento  das motos.

A CIG denuncia que mentres a dirección da empresa cobra sobresoldos por obter resultados con perdas o persoal ten que aguantar as consecuencias de contratos a baixa.  

Prensa: