11 de maio de 2023

Nómina Mes de Maio Abonarase a Suba Salarial de 2023 Máis os Atrasos


 

Correos comunicou que na nómina do mes de maio abonaranse as cantidades correspondentes á suba salarial do ano 2023. Esta suba se aplicara a todos os colectivos.

INCREMENTOS SALARIAIS:

Persoal funcionario, Laboral fixo e eventual  incremento do 2,5% das retribucións dende o 1 de xaneiro de 2023.

Estes son os conceptos retributivos FIXOS que se incrementan: 


  • Salarios
  • Trienios.
  • Complemento de posto tipo ou de destino.
  • Complemento de ocupación ou  específico.
  • Complemento específico ou de ocupación. 
  • Complemento extra.

A subida dos complementos retributivos VARIABLES:

  • Complemento de Produción e Asistencia CPA
  • Complemento de permanencia e desempeño (Tramos)
  • Pluses de nocturna, sábados, festivos e automatización.
  • Gratificacións de Nadal e eleccións.
  • Horas extras.

Soben as retribucións EXCEPTO a indemnización por achega de vehículo que continua e continuará conxelada grazas a Correos e aos sindicatos asinantes do Convenio e Acordo.

Esta mísera suba para os empregados públicos do 2,5% foi asinada polos sindicatos CCOO e UGT os mesmos que onte asinaron conxuntamente coa Patronal unha suba para o Sector privado do 4% para este ano e un 3% para os anos 2024 e 2025, engadindo ademais unha cláusula de revisión salarial.

Acordo Salarial asinado por CCOO e UGT para:

 

2023

2024

Empregados Públicos

2,5%

2%

Sector Privado

4%

3%


Porque estes sindicatos piden máis suba salarial para o Sector Privado que para os empregados públicos? Grazas a estes dous sindicatos os empregados/as públicas nos estamos a empobrecer cada ano máis. No ano 2022 perdemos un 5% de poder adquisitivo. Até que acaben con nós Non van a parar.

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------