19 de maio de 2023

Caixa Postal Xa!!

 

Sr. Presidente de Correos:

Déixese de experimentos como o de Correos cargo ou Correos frío e centrémonos no que sabemos que funciona. Se vostede realmente quere que Correos saia dos  números vermellos e empece a dar beneficios loite por un Banco Postal tal e como reclama a CIG. 

Copiemos o modelo doutros servizos de Correos que teñen unha maior estabilidade económica e beneficios no lugar de perdas. Precisamente son os que posúen Bancos Postais que ademais de xerar un valor engadido diversifican o seu negocio noutros sectores, por exemplo creando aseguradoras da súa propia rede. É o que pasa nos países veciños como Francia, Portugal ou  Italia con case 700 millóns de euros de beneficio no 2022 grazas aos produtos financeiros.

Dende a CIG o temos claro. Por iso a través do BNG presentamos unha Proposición Non de Lei para que se debata no Congreso dos Deputados. Na proposición presentada solicitamos a creación dunha Banca Postal Pública e de seguros así como a creación dun operador de Telefonía Público aproveitando a sinerxía da filial Correos Telecom.

Temos 2. 389 oficinas a nivel de todo o estado Español das cales 166 están en Galicia, que funcionarían como sucursais dun banco público sen ánimo de lucro, dando solución á exclusión financeira que padece sobre todo o mundo rural e as persoas maiores, á vez de solucionar a viabilidade económica de Correos.

Experimentos con gaseosa, traballemos no que sabemos que funciona. Banca Postal Pública para Correos Xa!!

-------------------------------------------------------------------------------

As nosas Redes Sociais: