26 de abr. de 2023

Circular Definitiva de Eleccións 28 Maio 2023

Suba do 3.5% nas cantidades a percibir para esta campaña. Dende a CIG valoramos positivamente calquera suba pero para nós é claramente insuficiente segundo está o IPC.

­  CAMPAÑA ELECTORAL:


Comprende dende os días 12 de maio ó 26 de maio de 2023, ambos incluídos.


RETRIBUCIÓNS:

 

0,065960 €  👉  Envíos con dirección e Tarxetas do I.N.E.  

            0,027158 €   👉   Envíos sen dirección.

Percibirase sempre que se garantan a distribución da totalidade dos restantes envíos non electorais.

­  Entrega da Documentación Electoral no Domicilio:

Cando a entrega da documentación electoral se realice polo carteiro/a de forma persoal ao destinatario/a no domicilio segundo o estipulado na instrución de eleccións, a entrega se retribuirá con 0,414236 euros por envío entregado e 0,207118 euros por envío avisado.

­Gratificación polo proceso Electoral: Persoal USES, Centros de Tratamento.


Compensación: 121,97 €  por toda a “Campaña” e cobrarao o persoal que en exclusiva este afectado polo proceso electoral nas Unidades de Distribución Urxente, Centros de Tratamento e Unidade Internacional será aquel que realice tarefas de carga e descarga, admisión masiva, control e rexistro de certificados (UPR), Reparto Urxente, Rutas, Siatas, e alcances e responsables indispensables das Unidades afectadas que por traballar correspondencia electoral, sempre que se supere o porcentaxe de máis do 15% de aumento do traballo en cada unha das unidades afectadas, durante o período comprendido entre os días 8 e 24 de maio. 

Dirección de Oficinas:

  • Os empregados de Oficinas, xefaturas de Sector e as xefaturas intermedias destas Unidades percibirán unha gratificación de 121,97 € polo conxunto da campaña electoral, sempre e cando o tratamento dos envíos supoña un incremento dos estándares ordinarios e específicos de actividade da unidade.
  • Naquelas oficinas que por motivo do proceso electoral, teñan que abrir algún dos sábados até o 20 de maio de 2023, o servizo se prestará co persoal voluntario mínimo imprescindible. Se retribuirá con 6 horas adicionais (7,695910 €/hora) máis un día de compensación.  

Sistema de descontos: (Entre os días 12/05 e  26/05)

  • Por día que se falte 12,43 €  agás causas xustificadas (parto, violencia de xenero, accidente enfermidade ou falemento dun familiar ou accidente laboral. Por faltar 4 ou máis días pérdese todo.


­  VOTO POR CORREO E RECOLLIDA DO TERCEIRO SOBRE (28 de maio)

  • Preferentemente fará este servizo o persoal afectado pola "Campaña"
  • Compensación: Horas Adicionais Extras + festiva. Módulo mínimo de 3 horas
  • O Qm. a ós Rurais abonaráselles o 100% do complemento (combustible+amortización) Grazas a CIG

 

PROCURARAN PAGAR A CAMPAÑA COA NÓMINA DE XUÑO.

 

­  NORMAS COMPLEMENTARIAS DE CARÁCTER XERAL


No caso de que sexa necesario realizar repartos, apertura de oficinas ou tarefas complementarias, estes traballos retribuiranse con horas adicionais extras.


Instruccións Eleccións 28 de Maio 2023