A CIG presentou alegacións á Circular de eleccións e solicitou:
👉 Grazas aos acordos asinados entre o Goberno e CCOO e UGT os empregados/as públicos somos cada vez máis pobres.
Nos últimos 10 anos perdimos o 18,64% de poder adquisitivo
👉 Polo tanto a CIG solicita unha suba dun 18,64% nas cantidades a cobrar pola distribución das tarxetas do INE, envíos con enderezo, sen enderezo e gratificacións fixas.
👉O pagamento de 0,50 euros pola entrega de documentación electoral no domicilio independentemente de si esta é entregada á persoa destinataria ou avisada.
👉 Tódalas as tarefas de clasificación e distribución de propaganda electoral e tarxetas INE que impliquen a prolongación de xornada de traballo, se abonarán polo concepto de horas extraordinaria sen ningún tipo de desconto do número de envíos repartidos.
👉 Se eliminen todo tipo de condicionantes (Incremento da produción, porcentaxes do 15% de aumento da carga de traballo etc) para o cobro da gratificación fixa aos empregados/as nas USES, Centros de Tratamento, persoal de Oficinas, Rutas-Siatas, Alcances, persoal responsable das unidades.
👉Se pague a parte proporcional da gratificación correspondente ao persoal de oficinas aos traballadores/as que prestan servizo en Oficinas Auxiliares Informatizadas pois están a realizar as mesmas tarefas dun posto de ATC.
👉 Os empregados/as de Oficinas que presten servizo en sábados serán retribuídos con 6 horas extraordinarias máis un día de compensación que será desfrutado a elección do traballador/a
👉 Se incorporen coma causas xustificativas para non desconto durante a campaña de elección as seguintes situación:
- Conciliación familiar: persoal que teña ao seu coidado menores ou persoas maiores a cargo.
- Intervención cirúrxica.
- Hospitalización.
- Incapacidades Temporais derivadas da xestación.
- Tratamentos de Quimioterapia y Radioterapia.
👉 Que a retribución pola entrega nas Mesas e recollida do terceiro sobre o día 28 de maio sexan con horas extraordinarias + horas festivas (ambos conceptos suman 19€ aproximadamente) e non só como horas extras como pretende a empresa.
👉 A CIG solicita que se contrate as persoas de Bolsas que están bloqueadas antes que a persoas de fóra de bolsas.
Que se modifique urxentemente a norma de contratación!!!
👉Grazas á CIG o borrador da Campaña Electoral xa contempla que o persoal Rural que traballe na entrega nas Mesas Electorais e Recollida do terceiro sobre, cobre o 100% da indemnización por aportación de vehículo, é dicir as cantidades de amortización do vehículo máis o combustible.
👇👇👇👇👇👇👇👇
MÁIS INFORMACIÓN:
Telegram -> https://t.me/cigcorreos
Facebook -> https://www.facebook.com/cigcorreos
Instagram -> https://www.instagram.com/cigcorreos
Twitter -> https://twitter.com/cigcorreos
Youtube -> https://www.youtube.com/cigcorreosvideos