17 de feb. de 2023

Axuda de 200 euros para persoas físicas de baixo nivel de ingresos e patrimonio

É unha axuda dun pago único de 200 € que tamén poden solicitar os/as empregados/as de Correos.

Dende o día 15 de febreiro ata o 31 de marzo, pódese solicitar a axuda de 200€ aprobado no Real Decreto-Lei do 27 de decembro de 2022.

Estas son as condicións:

- Ser unha persoa asalariada, autónoma ou desempregada que non reciba outras axudas de carácter social

- Ter un patrimonio inferior a 75.000€ (A vivenda habitual non conta)

Non superar os 27.000€ brutos anuais de renda. 
 
 Ter residencia habitual no estado español.

- Para o cáculo dos importes de renda e patrimonio, débese sumar o importe das persoas que vivan no mesmo domicilio: o propio beneficiario, conxuxe ou parella de feito, descendentes menores de 25 anos ou con discapacidade con rendas que non superen os 8.000€, e ascendentes ata segundo grao por liña directa (pais e avós)

A solicitude deberase realizar na web da Axencia Tributaria:



CIG O TEU SINDICATO NA GALIZA