Un ano máis, e xa van 3 consecutivos, a nosa querida empresa Correos volve a patrocinar "La vuelta a España 2022".
Do 19 de agosto ao 11 de setembro, 30 cabezas tractoras e 19 plataformas percorrerán 3.280 quilómetros cargados con máis de 400 toneladas de material para que A Volta 22 celébrese sen incidencias loxísticas nas súas 42 sedes (21 saídas e 21 metas). Ademais, catro camións cubrirán a loxística necesaria nas tres primeiras etapas da rolda española en Países Baixos.
Correos apadriñará tamén a clasificación por equipos, que premia cada día ao equipo que lidera a clasificación por escuadras. O equipo que lidere esta clasificación lucirá cada día un dorsal vermello co logo de Correos, que distinguirá aos seus corredores como membros da mellor formación do pelotón.
Mentras nas unidades de reparto síguese coa contratación polo chan, asumindo en moitas carterias ata 4 ou 5 seccions, e Correos segue a decir que hai que aforrar...
Aforrar para gastar os cartos en patrocinios sin sentido
Dende a CIG preguntámonos:
- Canto supón para as arcas de Correos este patrocinio?
- Canto diñeiro se recupera de esa inversión?