16 de set. de 2021

Publicadas as Respostas Oficiais do Exame do 12 de setembro

 


O 15 de setembro, celebrouse  a reunión do Órgano de Selección na que se acordou a publicación das respostas correctas dos cuestionarios A e  B dos exames celebrados o pasado domingo día 12 de setembro. As plantillas de corrección estarán expostas nas sedes das Unidades de Recursos Humanos, nas Direccións de Zona, na intranet e Web de Correos (www.correos.com).

O Órgano de Selección decide a anulación das seguintes preguntas:

Anulacións Reparto/axente

Correos anulou as preguntas 33 e 68 no Modelo A de Reparto/Axente, así como a 32 e a 68 no Modelo  B

Anulacións  ATC

Correos anula a pregunta 78 no Modelo A e  a 76 no Modelo  B

Preguntas reserva

Desta maneira en reparto valoraranse as preguntas de reserva 101 e 102 e en  ATC a 101.

Corrección  Exames

Próxima reunión do Órgano de Selección, na sede da empresa de seguridade encargada da entrega, recollida e custodia dos exames para  realizar as seguintes tarefas:

·       Desprecintado e apertura das caixas que conteñen os exames de cada unha das provincias (das aulas, así como das aulas de incidencias), onde se celebrou exame o pasado día

·       Separación dos cuestionarios, por unha banda os tipo A e por outro os tipo B

·       Separación ( guillotinado) das cabeceiras cos datos persoais das respostas de exame.

·       Se procederá posteriormente á corrección dos exames sen que, neles, figure ningún dato identificativo do candidato.

Exame Extraordinario

O Órgano de Selección unha vez terminado o prazo para recibir as incidencias dos e as aspirantes que por diferentes causas, excepcionais e xustificadas, non puideron realizar o exame o pasado día 12 de setembro valorará a realización dun exame extraordinario para estas persoas.

Cuestionario-REP-AXENTE-modelo-A

Cuestionario-REP-AXENTE-modelo-B

Cuestionario-ATC-modelo-A

Cuestionario-ATC-modelo-B.pdf

Respostas-correctas-Reparto-Axente

Respostas-correctas-ATC