Correos conta cun orzamento superior aos 4 millóns de euros para poñer en marcha as xubilacións parciais (persoal laboral) e as excedencias incentivadas (persoal funcionario) no 2022.
As xubilacións parciais van ir vinculadas á
formalización dun contrato de substitución. A empresa presentou as condicións
xerais cos requisitos e criterios que se van a aplicar.
XUBILACIÓNS PARCIAIS: REQUISITOS DO SOLICITANTE: IDADE E ANOS DE COTIZACIÓN
• Ter 62 anos e 2 meses e un mínimo de
35 anos e 6 meses cotizados.
• Ter 63 anos e 4 meses e un mínimo de
33 anos cotizados. Se se trata de persoas cun grao de discapacidade igual ou
superior ao 33% o mínimo de cotización é de 25 anos.
• Prestar servizos en Correos durante
polo menos 6 anos ininterrompidos e inmediatamente anteriores á data de
xubilación parcial.
• A redución da xornada para a
xubilación parcial será do 75%.
• O xubilado parcial acumulará o tempo
de presenza efectiva de servizos que se prestará ao principio da nova situación
nun único período ininterrompido.
• O posto de traballo que desempeñará o
xubilado a tempo parcial será o que veña desempeñando no momento da solicitude
da xubilación parcial.
PROCEDEMENTO
O traballador/a seleccionada para unha xubilación parcial deberá
solicitar persoalmente a pensión de xubilación ante o INSS, indicando a data
prevista de xubilación. A NON aceptación por parte do INSS da prestación
de xubilación parcial por calquera causa anulará todo o proceso.
Os criterios preferentes para a concesión das xubilacións parciais ademais
dos legais serán:
1. As condicións psicofísicas da persoa traballadora para o
desempeño do seu posto de traballo.
2. As adecuacións organizativas dos postos
de traballo.
3. A idade da persoa traballadora.
4. A antigüidade en Correos.
FORMALIZACIÓN DE CONTRATOS DE SUBSTITUCIÓN
Os contratos que se formalicen por mor da
concesión das Xubilacións parciais se realizarán cos aprobados na consolidación
de emprego de 2019.
EXCEDENCIAS VOLUNTARIAS INCENTIVADAS
Poderán solicitalas
os funcionarios/as de tódalas áreas funcionais, independentemente do posto que
ocupen.
Incluirase, como
criterio preferente para a súa concesión, as condicións psicofísicas da persoa traballadora para o
desempeño do seu posto de traballo.