24 de xuño de 2021

Convocatoria Axudas Acción Social 2021

 


Un ano máis Correos segue prexudicando ao persoal rural ao non poder pedir moitas das axudas de acción social debido a que se lles segue sumando como ingresos o que perciben pola achega de vehículo. 

Correos segue facendo caso omiso das reivindicacións mais transcendentes convertendo as  Axudas de Acción Social en míseras esmolas repartidas cada vez de maneira máis inxusta.

Como novidade as solicitudes serán presentadas a través da Intranet  en: Conecta/Canle Persoas/ Acción Social. É necesario cumprimentar un formulario en liña segundo a modalidade da axuda. Unha vez finalizado o citado formulario, este deberá, de acordo coa modalidade de axuda solicitada remitir a documentación requirida vía correo electrónico segundo a área Territorial ao que pertenza a persoa traballadora: Área Territorial  Noroeste: accionsocial.noroeste@correos.com

AXUDAS

PRAZO INSTANCIAS

Estudo para fillos (libros e material escolar)

Dende o 24 de xuño ata ó 14 de outubro

Estudos Universitarios (Persoal Laboral)

Dende o 24 de xuño ata ó 14 de outubro

Tratamento da Saúde

Dende o 24 de xuño ata ó 21 de setembro

Fillos con Discapacidade

Dende o 24 de xuño ata ó 21 de setembro

Educación Infantil

Dende o 24 de xuño ata ó 21 de setembro

Anticipos sen Xuro

Dende o 24 de xuño ata ó 21 de setembro

Falecemento

(Perosoal Laboral)

Dende o 24 de xuño ata ó 31 de decembro

Se queredes consultar calquera dúbida sobre as convocatorias ou presentar a solicitude e non a atopades na intranet, poñédevos en contacto coa xente da CIG Correos. 

Acceso Conecta

Convocatoria Axudas Tratamento da Saúde

Solicitude Tratamento da Saúde Área Noroeste

Convocatoria Estudos Fillas/os

Solicitude Estudos Fillos/as Área Noroeste

Convocatoria Axudas Educación Infantil

Solicitude Axuda Educación Infantil Área Noroeste

Convocatoria Axuda Fillos/as con Dispacidade

Solicitude Axuda Fillos/as con Discapacidade Área Noroeste

Convocatoria Axudas Estudos Universitarios

Solicitude Axudas Estudos Universitarios Área Noroeste

Convocatoria Axudas por Falecemento

Solicitude Axuda por Falecemento Área Noroeste

Convocatoria PRestamos sen Xuro

Solicitude Prestamos sen Xuro Área Noroeste