22 de maio de 2020
Reunión Eleccións ao Parlamento Galego e Vasco
Xuntanza informativa. Na que nos comunicaron o seguinte:
A empresa fixo as seguintes propostas á xunta Electoral.
1.- Que ante o risco que supón o contaxio por COVID-19, a cidadanía poida solicitar o voto por correo dende a Oficina Virtual de Correos
2.- Que a recollida da documentación electoral por parte do destinatario se faga como coas notificacións. É dicir, recollendo os seus datos, sen necesidade de asinar na PDA.
3.- Que o mesmo carteiro que realiza a entrega da documentación electoral espere ao destinatario e recolla o voto. É dicir que o carteiro xestione a entrega e recollida do voto por correo, para que o cidadán non teña que desprazarse ás oficinas de Correos.
Mentres a Xunta Electoral non conteste sobre estas cuestións non sairá a Circular de eleccións.
Tamén informaron:
SOBRE SEGURIDADE: Teñen dispoñibles millóns de luvas, xeles e máscaras. Ademais, se fose necesario comprarían máis.
SOBRE A CONTRATACIÓN: Non haberá problemas de contratación pero realizarase a que estimen que sexa necesaria.
GRATIFICACIÓNS DE CAMPAÑA: A bipolaridade do discurso de Correos vólvese repetir. Primeiro afirman que serán as MESMAS que no último proceso electoral de novembro 2019, advertindo que non se pode negociar subida. E despois, dinnos que lle fagamos propostas para subilas, e que “se estudarán” a ver se se autorizan por Función Pública.
Que as tarxetas de censo e as solicitudes de voto por correo realizadas para as eleccións non valen e téñense que repetir. Por iso, chegarán novas tarxetas e os que solicitaron o voto por correo con anterioridade deberán volver solicitalo.
Que se ampliaran os horarios nalgunhas oficinas que se determinen como criticas e outras abrirán pola tarde. (Entre o luns e martes nos pasarán a listaxe das oficinas afectadas).