20 de mar. de 2020

PERSOAL SENSIBLES ANTE O COVID-19



Considéranse persoal especialmente sensible ou de risco fronte a unha posible infección por coronavirus a persoas que padecen algunha das seguintes patoloxías:

• Inmunodepresión (incluído o VIH).
• Diabetes.
• Enfermidade cardiovascular crónica (incluída a hipertensión).
• Enfermidade crónica do fígado.
• Enfermidade pulmonar crónica.
• Enfermidade renal crónica.
• Enfermidade neuromuscular crónica.
• Enfermidade autoinmune e tratada con corticoides, inmunosupresores
ou produtos biolóxicos.
• Cáncer no tratamento de quimioterapia ou con inmunosupresión.
• Pacientes en espera de trasplante de órganos sólidos e transplantados de órganos sólidos e/ou proxenitores hematopoieticos.
• Pacientes con fístulas de líquido cefalorraquídeo, ou con implantes cocleares.
• Pacientes sen bazo.
• Embarazo.

En caso de que pertenzas a algún destes grupos, pono en coñecemento do teu superior ou superiora. Correos ten que adoptar as medidas establecidas no protocolo. En caso contrario ponte en contacto co persoal de CIG CORREOS.