20 de mar. de 2020

CIG INFORMA

C.I.G. INFORMA

Hoxe día 19.03.2020, nas xuntanzas levadas a cabo entre os Sindicatos e a Direción de Correos, esta trasladounos a seguinte información:

A partir do luns (o máis seguro) volveremos repartir notificacións debido ao  RD 465/2020 que  modifica ao  RD 463/2020 polo que se declara  o estado de alarma.  A modificación da Disposición Adicional Terceira, mediante a incorporación de dous novos apartado e o cambio da redacción terceira, conclúen que as notificacións contidas nos devanditos apartados deben ser repartidas por Correos durante o período en que estea vixente o Estado de Alarma.

Por tanto Correos efectuará as notificacións dos seguintes procedementos administrativos:

1- Os que veñan referidos situacións estreitamente vinculadas aos feitos xustificativos do estado de alarma, ou que sexan indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos.

2-Os que se refiren aos ámbitos da afiliación, a liquidación e a cotización da Seguridade Social.

3- Os que se refiran aos prazos tributarios en xeral de todas as Administracións Públicas

O reparto de notificacións non modifica a actual situación nas unidades de distribución. É dicir continúa suspendido a quenda tarde de notificacións.

Traballarase co mesmo número de traballadores co contamos.

As notificacións repartiranse en quenda de mañá en días alternos.

Para a entrega das notificacións estarase ao disposto nas  instrucións de entrega de envíos rexistrados de entrega en domicilio. En ningún caso haberá contacto físico nin directo nin indirecto co receptor da notificación.

Doutra banda, tamén se nos trasladou a seguinte información.

Sobre o tempo que debe transcorrer desde que se procede á desinfección dun local para que poida volver ser ocupado polo persoal. Resposta:  o mínimo de secado debido a que se utiliza unha mestura de  hipoclorito  sódico (mestura de auga, lixivia e alcol)

Non hai ningún Centro Pechado nestes momentos en Galicia

Está previsto que hoxe saian nas conducións Luvas e Xeles desinfectantes nunha cantidade importante xa que recibimos a autorización do Ministerio de Sanidade.

E temos que lamentar o falecemento dunha compañeira en Igualada por Coronavirus. Polo que nos informou a empresa está compañeira era persoal sensible e estaba na casa. Hoxe ás 10 da mañá habían 199 contaxiados en Correos.