Curso dirixido a todo o persoal de Correos, que manteñan unha
relación laboral, ou de servizo, activa, coa empresa desempeñando a súa
actividade ao inicio e durante a súa impartición e que non realizaran e
superaran con anterioridade ambas formacións, nin coa empresa nin mediante
organismos homologados para impartir formación da compañía.
Prazo
de inscrición ate o 21 de Novembro
Inscrición: dende o campus virtual
Como inscribirte dende internet: unha vez que entras en
formación de Correos, debes de ir á parte inferior dereita debaixo de onde pon
usuario e contrasinal. alí xa te indica "fai clic aquí para solicitar
curso".
O curso realizarase on-line dende
un ordenador alleo a Correos e fóra da xornada laboral. O curso
desenvolveranse durante o último cuadrimestre do ano os
alumnos poderán elixir, as datas que máis lles conveñan de entre as
dispoñibles.
Tras o proceso de inscrición, comunicarase por e-mail e SMS o comezo da formación. Recoméndase
revisar a dirección de correo persoal do apartado "mi perfil" e
aceptar a modalidade de citación por SMS.
Expediente
Formativo
O curso incluirase no expediente formativo de todos aqueles
que completen a acción formativa e ademais recibirán unha compensación polo
custo da conexión a internet. Ademais terás a posibilidade de descargar o
diploma dende a plataforma de formación.