23 de maio de 2017

Axudas económicas para os traballadores e familias monoparentais

Publicadas as bases das axudas para os traballadores que se acollan á redución de xornada para o coidado de fillos/as

 
As persoas solicitantes deberán terse acollido á redución entre o 1 de maio de 2016 e o 31 de maio de 2017
 
A Secretaría das Mulleres da CIG informa que no DOG deste venres, 19 de maio, sae publicada a convocatoria das axudas económicas para os traballadores e familias monoparentais que, entre o 1 de maio de 2016 e o 31 de maio de 2017, teñan unha situación de redución da súa xornada de traballo para o coidado de fillos e fillas. Estas axudas teñen como obxecto a conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade.