Hoxe, 29 de decembro Correos fixo o ANUNCIO da Convocatoria de Exame de
Consolidación de Emprego para o vindeiro ano 2017.
Número
Prazas Convocadas:
Ø
2.345 prazas para postos de operativos (axente clasificación, reparto moto e pé) cun
porcentaxe para a cota de discapacitados, que nunca poderán superar as 100
prazas.
Ø
Entre 85 e 105 prazas para postos de singular complexidade técnica ou especialización nos
Grupos II e III.
As Convocatorias de exame de ingreso serán provincias e o sistema de
ingreso será por Concurso-Oposición (como as deste ano) e xa advirten que na
oferta haberán postos a tempo parcial.
Queda
pendente: A publicación das Bases xerais na que consten os
requisitos esixidos, sistema de selección (fases, probas e valoración) probas,
composición do Órgano de Selección, recoñecementos médicos.
Unha vez publicadas as Bases xerais se procedería ás Convocatorias
provinciais co números de prazas ofertadas por provincia, características e
modalidades de contratos, prazos e forma de presentar as solicitudes.
A présa e segredo desta convocatoria por parte de Correos e dos seus
colegas (CCOO, UGT, S.L. e CSIF), fainos
crer que a maioría da prazas convocadas serán a tempo parcial.
Correos publicará toda a información na súa web: www.correos.es