Aproveitamos
estas datas para desexarlles a todos/as afiliados e simpatizantes un Bo Nadal,
a pesares da mala situación laboral que
afecta a centos de empregados galegos de Correos.
Dende
a CIG Correos agardamos que o vindeiro ano os traballadores e traballadoras de
Correos poidamos afrontar esta complicada situación de crise con unidade, determinación e bos resultados.
A CIG Correos seguirá adiante para denunciar
o que outros calan ou
ocultan por diversos intereses, seguirá defendendo todos os postos de traballo e
loitando por mellorar os dereitos e condicións laborais.
O
noso é unha loita sen ataduras ás cadeas da empresa, por elo resulta un traballo sacrificado de moito
esforzo, pero que asumimos de bo grado porque contamos co apoio, co respaldo e coa axuda de todos
vos.
Nós brindaremos cun chupiño de licor café á vosa saúde, porque estades sempre aí e porque sabedes que podedes contar coa CIGcorreos.
Unha aperta e Felices Festas.
Unha aperta e Felices Festas.