28 de set. de 2016

Nova sobre a Contratación para a entrega das Notificacións

Como denunciabamos en comunicados anteriores a improvisación é a nai de case todas as solucións nesta casa por non dicir todas, despois dun ano rascando a barriga a Empresa visto que o Goberno rexeitaba a moratoria solicitada, decidiu a présa e correndo realizar contratacións a tempo parcial de 4 horas para prestar o servizo da entrega das notificacións pola tarde. Segundo nos informan as contratacións faranse da seguinte forma:

As contratacións na quenda de tarde para o reparto das notificacións faranse con  persoal das Bolsas, con o seguinte orde nos chamamentos:

1.      Persoal de Bolsa a tempo parcial.
2.      Persoal de Bolsa a tempo completo.
3.      Persoal de bolsas lindeiras.
4.      Persoas idóneas tal e como se establece no Convenio.
5.      Onde non chegasen as contratacións ofertaranse horas extraordinarias ao persoal fixo.
6.      Xefes de Equipo ou de Unidade voluntarios,abono dunha produtividade trimestral de 624,96€ o 718,68€ segundo o caso.

Características destes novos contratos:

·        As contratacións serán como máximo ate o 31 de decembro deste ano.
·        Se realizarán “por circunstancias da produción”
·        Ao ser unha nova causa, aínda que o persoal eventual tivese os seis meses completos (os famosos 180 días) completos por contratos de produción, poderán acceder a estes contratos sen que isto varíe o seu computo de tempos traballados. (Nós dende a CIG entendemos que este tipo de contratos serian ilegais e pasaremos a consultalo coa asesoría xurídica)
·        Non aceptar este tipo de contratos por parte do persoal da Bolsa a tempo completo non será motivo decaemento da Bolsa. (polo que entendemos que o persoal que esta inscrito a tempo parcial esta obrigado a aceptalo sempre e cando sexa o chamamento para as Bolsas onde esta inscrito).

Para a realizacións destas contratacións vanse distinguir determinados tipos de Unidades segundo o número de notificacións recibidas nas mesmas:

a)      Segundo o volume de notificacións e dependendo das Unidades onde haxan en quenda de tarde 7 o mais traballadores, haberán dous tipos de contratos uns de luns a venres e outros de martes e xoves de 16:30 a 20:30 horas.
b)      No resto das Unidades adaptarán un horario adecuado para o  repartidor.

Se queres máis información ponte en contacto coa xente da CIG