18 de xul. de 2016

Convocatoria Consolidación de emprego 2016

Dende maña día 19 de xullo aberto o prazo de inscrición para o proceso de consolidación de emprego, mañá día 19 de xullo aínda se concretaran as provincias, o número de prazas que se convocan en cada unha delas e a data de remate de presentación de solicitudes, probablemente fin de mes. Todo o tramite será online e poderase realizar o pago da taxa online ou nas oficinas de Correos. Só poderás optar ao/os posto/s nunha ÚNICA provincia.

Toda a información estará na web de correos. Os participantes han de seguir a seguinte ruta: Información Corporativa > Recursos Humanos > Emprego > Consolidación de Emprego. Aí, atoparás o seguinte marcador “Accede á información sobre o proceso” Picando sobre el despregarase:

-Bases do Proceso de Consolidación de Emprego en PDF
-Bases das Convocatorias Provinciais.
-Oferta postos de traballo.
-Preguntas frecuentes.
-Información Xeral sobre o Proceso.
-Accede ao formulario de Solicitude da Consolidación no que debes encher os teus datos persoais, solicitude e méritos.
Podes pagar online na mesma páxina ou nas Oficinas de Correos levando o teu NIF/NIE, sempre con posterioridade a encher a solicitude.

Debes ter en conta que o trámite:
-Só se pode facer de forma online a través da web de Correos.
-Terás que encher o formulario e abonar as taxas no prazo establecido.
-Correos recomenda facer a inscrición desde computadores de sobremesa e portátiles, NUNCA desde móbiles nin tablets, e co navegador de internet actualizado nas últimas versións dispoñibles.

Aínda non hai data de exame. O órgano de selección determinará o calendario de actuacións do proceso e, en especial, a data e/ou lugares en que se realice a proba de superación prevista na convocatoria.