21 de abr. de 2016

Convocatoria de Ingreso

A puntuación polo carné de coche “B” con 3 anos de antigüidade ten que ser igual que a que dan por carné de moto “A1”

Reclamamos dende a CIG diante de Correos para que lle dean a mesma puntuación ós que aporten o carné de coche “B” con tres anos de antigüidade, igual que ós que aporten o carné de moto “A1”.

Xustificamos a nosa demanda no feito que tanto os que teñen o carné A1 coma os que o teñen B con tres anos de antigüidade están capacitados segundo Tráfico para conducir motocicletas de ata 125 cc.

De tal xeito que Trafico convalida o carné A1 para os que teñen 3 anos de antigüidade co carné B.

É tan sinxelo como dicir a tontería de que podes conducir a moto de Correos de 125 cc. co teu carné de coche “B” de máis de 3 anos, pero para ter a puntuación para o ingreso en Correos obrigante a sacar o carné de moto “A1”.

Dende a CIG agardamos que non nos obriguen a ir ós tribunais de xustiza para arranxar esta desfeita