23 de mar. de 2016

CIGcorreos: Novas funcións para os "Super-Carteiros", agora exercerán de guías turísticos no Camiño de Santiago.

Correos reduce postos, contratación e anda escaso de persoal, prestando menos servizos, desatendendo oficinas e rebaixando a calidade no reparto da correspondencia; pero eso que importancia ten? O que realmente prima é que Correos se vexa como a empresa mais "guay" das galaxias coñecidas, e apúntase a un bombardeo para que así sexa.


Seguen os problemas nas oficinas e unidades de reparto

Seguen multiplicándose os problemas e os descontentos tanto do persoal como dos usuarios e a este paso cada vez haberá mais porque nin dende o Goberno, nin dende a SEPI, nin dende a dirección de Correos se fai nada para cambiar esta tendencia de redución de persoal e amortización de postos de traballo.
Ultimas notas e denuncias aparecidas na prensa, de oficinas e centros de traballo con esta problematica de fondo:

Avila: Atrancos e atrasos no reparto (diariodeavila)
Melilla: Semana Santa sen correo (finanzas.com) (luzdemelilla) (elfarodigital)
Jerez: Folga 28,29 e 30 marzo (diariodejerez) (lavozdelsur)
Ciutadella (Menorca): Acumulacions de 20.000 obxectos (menorcainfo)
Vila-real: Falta persoal e contratacion  (levante-emv)

A hora do planteta

Correos sumouse á "hora do planteta", comprometéuse coa sostenibilidade, reducindo dende o 2009, 28 millóns de Kwh no consumo de electricidade.
(Nós dende a CIG supoñemos que este aforro enerxético tamén terá algún beneficio económico, pero non vemos que se utilice para facer contratación algunha para mellorar a prestación do servizo ou para deixar de amortizar postos de traballo)

Web de Correos sobre o Camiño de Santiago. Si, si.

Ademáis os carteiros das provincias polas que pasan os Camiños van exercer de guías turísticos recomendandolles ós usuarios lugares de interes cultural, paisaxistico ou de bo xantar e hospedaxe. (De paso poderían levar algunha carta, que estamos faltos de persoal)
Preme aqui,  (europapress.es), (eldigitaldeasturias)
(lavozdegalicia.es),  (lavozdegalicia.es 1),   (lavozdegalicia.es 2)

Ollo cos avisos de paquetes: 

Correos é utilizada de novo como vía para cometer fraude. Tratan de encriptar os ordenadores onde entran para logo revender a súa activación.
(lavozdegalicia) (negocios.com) (zonamovilidad.es)  (elconfidencialdigital)

Selo con cheiro a incienso

Estamos agardando polos de sabor a caldo galego, a cocido e a polvo a feira. Faremos o posible para que os poñan a prezos populares para que a xente poida saír satisfeita de Correos.
(latribunaalbacete)


É moi triste, que dirixentes de Correos, da SEPI  e políticos membros do Goberno do Estado, non nos escoiten e se dediquen a despilfarrar o diñeiro público, na vez de xestionalo para o beneficio do servizo público de Correos e da cidadanía que fai uso del.