Produtividade e remuneración para a campaña de Nadal 2015
Percibirase unha gratificación de 95,08 € polo conxunto da campaña de Nadal.
Os requisitos para poder cobrar esta gratificación son:
Permanecer
vinculado e en activo en correos de forma ininterrompida dende o 1 ao 31 de
decembro.
Ser
persoal funcionario, laboral fixo (incluídos fixos descontinuos e fixos a tempo
parcial) e persoal eventual,
Excluíndose
os contratos por circunstancias da produción realizados para atender a propia
campaña.
Traballar
nunha das seguintes áreas: repartición ordinaria, repartición urxente,
clasificación de cartería, apartados, ruteros, persoal operativo dos centros e
unidades de tratamento (admisión masiva, clasificación automática, manual,
produtos rexistrados e carga e descarga), sala de aparatos, rurais A,
condutores interzonais e intercentros, cambio de Madrid e Barcelona, persoal
operativo das oficinas postais os xefes das unidades afectadas. Os rurais B e
empregados/ás con xornadas a tempo parcial en proporción á súa xornada.
Penalizacións:
Por inasistencia descontarase da gratificación, o primeiro día 12,02 €, o segundo e o terceiro 18,03 €. con máis de tres días pérdese o dereito á percepción económica.
Exceptúanse da penalización:
Os
accidentes de traballo en novembro ou decembro, nacemento, acollemento e
adopción dun fillo, falecemento ou enfermidade grave dun familiar ata segundo
grao.
Dous días de permiso a elixir un entre os
días 1 e 13 e outro día a elixir entre
os días restantes do mes de decembro.
Medidas organizativas:
Poderanse
organizar e efectuar reparticións puntuais.
En
admisión masiva, carga e descarga, salas de dirección e centros de tratamento
poderase autorizar a realización de horas adicionais.
Días 24 e 31: módulo de 79,48 € por traballador/día.
deberán prestar servizo:
O persoal mínimo imprescindible tanto en
admisión e oficinas coma en tratamento e distribución.
Só abrirán as oficinas de centros
comerciais, e, onde non haxa centros comerciais, poderá abrir unha da capital
de provincia, en quenda de mañá e horario de sábado.
Días 25 de decembro e 1 de xaneiro:
Non traballará ninguén. o persoal dos
centros de tratamento, que por quenda, traballe a noite do 25 ao 26 de decembro
e do 1 ao 2 de xaneiro percibirá as horas adicionais de festivo.
Pagamento da campaña: correos comprométense a axilizar os
trámites para que o seu pagamento se faga efectivo a finais de xaneiro.