Correos atende parcialmente as reclamacións da CIG e os
Cursos que puntuarán como méritos para unha futurible consolidación de emprego en
Correos, non soamente serán impartidos
polos sindicatos se non que ademais impartiraos a empresa. A CIG demanda que o Curso sexa impartido para
todo o persoal das Bolsas independentemente que teña contrato en vigor ou non.
Este Curso esta dirixido
só ao persoal eventual de Correos, que cumpran os seguintes requisitos:


Prazo
de inscrición do 15 de outubro ao 21 de outubro
Inscrición: conforme ao horario peninsular, levarase a cabo a
través do Campus Colearning http://personas.colearning.es/
O
persoal que se inscriba neste curso deberán encher un formulario de
identificación persoal e de requirimentos pedagóxicos de carácter obrigatorio
para a realización e superación do Curso. O incumprimento ou falsidade en
calquera dos requisitos mencionados, supoñerá, en calquera circunstancia, a
imposibilidade de superar o curso, independentemente da fase do seu
desenvolvemento.
Tras o proceso de inscrición, comunicarase por e-mail e SMS o comezo da formación. A dirección de
email persoal e o número de teléfono móbil son necesarios para facer a
inscrición
O curso terá unha duración
de 40 horas, realizarase on-line dende
un ordenador alleo a Correos e fóra da xornada laboral.
No caso de que xurda algunha incidencia técnica durante a
inscrición e/ou durante a realización do curso, os alumnos deberán dirixirse ao
centro de atención ao estudante centro.atencionestudiante@telefonica.es