12 de xuño de 2015

CIGcorreos: Ollo!! Xa hai páxinas e blogs que ofertan oposicións para Correos

Sen haber nada nin oficial nin extraoficialmente por parte de Correos, certos colectivos moi interesados estan tratando de captar opositores para "chucharlles o sangue" sen que haxa nada de certo no que publican nas súas páxinas e blogs.


As academias valeiras non producen beneficios, pero non se pode reclutar opositores con reclamos falsos ou ficticios.

Tamén hai sindicatos que para aumentar os seus ingresos esquencen o que son e rixense so por interese merecantilista, ainda a costa de enganar ós afiliados
Acaso estes colectivos teñen algún tipo de filtración para chegar a publicar unhas bases de convocatoria que ninguén coñece?

Ou teñen tal descaro que non lles importa recoller unhas "posibles" bases e saír á rúa con elas, porque saben que ninguén lles vai esixir responsabilidades?

Nós dende a CIG Correos preguntámonos se non hai ningunha forma de pararlle os pes a toda esta xente que xoga coa necesidade de emprego que temos para beneficiarse delo, sen importarlles para nada o feito de crearnos falsas espectativas ou incluso reclutar opositores que logo polos requisitos das convocatorias definitivas non van poder presentarse ós exames, eso sí, cando xa leven gastado un montón de diñeiro e tempo que podían ter empregado noutras necesidades que seguro que teñen.

O consello que vos podemos achegar dende a CIG Correos é o mesmo das veces anteriores: 
"Mentres que non haxa convocatoria oficial, todo aquelo que escoitedes ou vexades non ten garantía algunha de que sexa o que vai a pasar, polo tanto actuade con moita cautela e desconfianza e non deixedes de consultarnos se tedes algún tipo de dúbida".

Lembrade que aínda estamos agardando pola tan cacareada convocatoria do ano 2011 onde se ían cubrir 4500 postos de traballo que leveou a moita xente a gastar cartos e tempo para que logo todo se quedara en fume, despois da precipitada e falsa publicidade de certos sindicatos e academias.

Para que vexas un exemplo do aqui comentado pincha AQUÍ