Correos
dálles un balón de osixeno aos sindicatos asinantes (CCOO, Csif, UGT e S.L.) de cara á folga
convocada para o 27 de novembro e 22 e 23 de decembro.
Os mareados postais como estaban
vendo que por moito que dicían nas asembleas a desconfianza do persoal era
moita de cara a facer folga, CORREOS decidiu votarlles unha mao aos seus
compinches en forma de Resolución na que ameaza con dar por rematado o Convenio
a data 27 de decembro se non se asina antes.
Con isto Correos consegue
dous propósitos o primeiro votarlles unha man aos seu amiguetes quentando o
ambiente para que logo xurdan estes e convértanse nos salvadores dos dereitos
dos traballadores, baluartes dos desvalidos e
poidan dicir esa frase que tanto lles gusta que é ¡¡ Grazas a nós conseguimos
que..!!!; en segundo lugar Correos busca darlles pé para que estes poidan
asinar o novo Convenio e Acordo o antes posible.
A resolución ditada por
Correos en cuestión é claramente ilegal, o Convenio actual ten unha cláusula de
ultraactiviade, e por tanto a súa vixencia esta amparada pola Lei e o
saben, pero están, entrando unha vez máis no xogo que todo vale con tal de
conseguir os seus obxectivos que non son outros que Correos continuar
precarizando o emprego, eliminando dereitos etc, e os destes sindicatos
continuar mantendo os seus privilexios traducidos en horas para os seus
liberados (que por outra banda cada día son máis) e os cartos para formación.
Pero
que ninguén se engane por moita folga e panfletos incendiarios que fagan, acabaran
asinando o Convenio e Acordo Xeral coma sempre;
¿¿sinceramente alguén o dubida a
estas alturas??