8 de ago. de 2014

En Correos cada ano hai máis xefes que carteiros


Xa non é unha simple percepción do carteiro o di a propia memoria anual de Correos do ano 2013 recentemente publicada.

Estas son as cifras en número de traballadores:


2012
2013

Xefes e Mandos Intermedios
6.372
7.055
+ 683
Operativos
47.898
44.884
- 3.014

Aínda e máis notable se temos en conta a diminución do grupo de operativos dende o ano 2011. Número de traballadores do Grupo de Operativos no 2011 50.657, total diminución ao ano 2013,  5.773 traballadores menos.
Esta é a empresa que quere Correos, está é a visión de futuro e o camiño a seguir. Unha empresa onde traballa un e dez miran, onde proliferan xefes como setas, mentres quedan barrios sen repartir por falta de contratación.

Os sindicatos asinantes (CCOO, CSIF, UGT e S.L.) son responsables e cómplices de Correos desta supresión de postos base e do crecemento do número de Xefes porque isto trátano en Madrid na Comisión de Emprego Central artigo 16 do III Convenio Colectivo da Sociedade Estatal Correos e Telégrafos.

Porque estes sindicatos calan e achantan coa supresión de postos base por parte Correos e non din nada polo crecemento inxustificado do número Xefes ??????

Que empresa se sostén reducindo empregados e aumentado Xefes????

Acaso están tomando o exemplo da banca? Que todos por desgraza sabemos como rematou.