Este é o Calendario Laboral
definitivo, que o sacan tarde mal e
arrastro onde non hai ningún cambio significativo co respecto a outros anos.
VACACIÓNS: Con carácter xeral a
vacación anual será entre os días 1 de
xullo e 30 de setembro. A distribución de vacacións deberá ser coñecida e
figurar exposto no cadro de servizos como máximo o día 30 de abril.
Mantense a
discriminación entre persoal funcionario e laboral asinada por CCOO, CSIF, S.L. UGT.
Funcionarios terán dereito a gozar vacacións retribuídas dun mes natural ou de 22
días hábiles anuais. En tal caso non terán a consideración de días hábiles os
sábados.
Persoal laboral serán dun mes
natural por cada ano completo de servizo.
6 DÍAS DE ASUNTOS PARTICULARES: Por
cada ano natural. O prazo para o seu desfrute será ata o 31 de decembro de 2014,
non obstante se por razóns de servizo non fose posible gozalos antes desa data
poderanse prorrogar ata o 31 de xaneiro de 2015. Sempre que organizativamente
sexa compatible coas necesidades do servizo e cos recursos humanos dispoñibles,
poderanse acumular os días de A.P. as vacacións anuais.
DÍAS ADICIONAIS :Os
días adicionais uniranse ás vacacións. Si se gozan en dous períodos, a cada un
deles engadiranse os días hábiles correspondentes, procurando que a
distribución sexa equilibrada. Excepcionalmente, sempre que as necesidades do
servizo o permitan, os días adicionais poderanse gozar sen unir ás vacacións e
en período distinto ao vacacional, pero en todo caso deberán gozarse necesariamente
dentro do ano natural.
CAMPAÑA DE NADAL: Comprenderá
dende o día 1 ao 31 de decembro o persoal operativo poderá gozar ata 2 días de permiso (asuntos
particulares ou días adicionais ás vacacións) sen penalización, a elixir; un
día entre o 1 e o 14 de decembro e o outro, entre os restantes do mes de
decembro. Ollo que nos últimos anos
estas datas as mudaron na Circular de Nadal.