Recén estamos ante a primeira reunión para constituír
a mesa negociadora do IV convenio colectivo e xa a algúns sindicatos entráronlles
as présas por asinar, dicindo que coa entrada da reforma laboral a negociación
do convenio só pode durar un ano porque é a limitación da validez dun convenio
unha vez expirado (o que coñecemos como ultraactividade) isto é certo pero o que non din é que se
o Convenio expirado contén unha cláusula de
vixencia mentres non se asine outro Convenio, terá que respectarse. Esta cláusula figura
no noso convenio no seu art.º 6. Que di: "unha vez denunciado, permanecerá
vixente o seu contido normativo ata que sexa substituído polo novo
convenio"
Polo tanto a pesar deste descarado intento de engano, non
sen outra finalidade que a de meter medo aos traballadores para ter a escusa perfecta
de asinar outro convenio á medida de correos, a cambio das prebendas de sempre:
máis horas para os seus liberados e máis diñeiro para o seu negocio coa
Formación. O Convenio manterase en vigor indefinidamente ata que non se asine
outro, gústelles ou non. Por este motivo non hai présa para asinar outro
Convenio. Porque co último convenio a pesar das bondades que din as
cuatrillizas (CCOO, UGT, CSIF e S.L.) que lograron o único certo foi que:
-Das 4.500 prazas de novo ingreso prometidas e coas
cales se puxeron as botas enchendo as súas academias, non se convocou nin unha
soa praza moi pola contra foi o período no que máis emprego se destruíu 12 mil
postos de traballo nos últimos 4 anos.
-400 compañeiros expectantes de ingreso cun exame
aprobado quedaron na rúa grazas á súa firma (isto á súa vez dinos que a pesar
de aprobar o exame ninguén che garante entrar)
-Penalización por absentismo descontándolle os tramos
de todo un trimestre ao persoal laboral se falta máis de 4 días nun trimestre
(descontos que poden alcanzar ata os 273.93 €) e intolerable que se penalice
economicamente a enfermidade.
-Non figuran permisos tan esenciais como o de poder ir
ao médico. Fomentando que lles debas favores aos xefes se che permiten ir.
-O Complemento de produción e asistencia por moito que
digan continúa penalizado.
-Despedimentos por estar enfermo, de momento tres pero
que lle serviron á empresa de exemplo para reducir o absentismo, así vemos
compañeiros enfermos nos seus postos.
-Mesa de carburante: outra burla máis cara
ao persoal rural, nunca se reuniu e o prezo da gasolina quedou sen actualizar a
pesar de todas as súas promesas.
-Mesa de emprego: Atribucións negociar as
reestruturacións conxuntamente coa empresa resultado: supresión de prazas por
todas as unidades de repartición iso si de xefes non suprimen ningunha.
Comisións de emprego: mera comparsa e
amaño da contratación, continúan as rotacións que ninguén entende. A
xustiza séguenos dando a razón nos saltos de listas.
A pregunta é:
¿Vaste deixar enganar outra
vez?
¿Vas deixar que sigan vendendo os teus
dereitos para que eles sigan mantendo os
seus privilexios?