30 de maio de 2013

Axudas Acción Social 2013


Aceptadas a maioría das Alegacións presentadas pola CIG do Borrador proposto pola  empresa,  na que quería reducir as Axudas a unhas esmolas.

Incorporáronse os seguintes trocos co respecto do Borrador de Correos:
  •  Incorpóranse como beneficiarios, o persoal eventual con dous anos de antigüidade nos últimos seis anos.
  •  Elévanse a 25.000 € os ingresos máximos dos peticionarios dos anticipos sen xuro.
  • Elévanse a 20.000 € os ingresos máximos para acceder ás Axudas ao Estudo.
  •  Respectan as cantidades a solicitar nos anticipos e préstamos sen xuro (1.000, 2.200, 3.000 e 4.500 €).

AXUDAS
PRAZO INSTANCIAS
PREVISIÓN DO PAGO
Estudo para fillos (libros e material escolar)
Dende o 03 de xuño ata ó 21 de outubro
Nómina decembro
Estudos Universitarios (persoal laboral)
Dende o 03 de xuño ata ó 21 de outubro
Nómina decembro
Tratamento da Saúde
Dende o 03 de xuño ata ó 20 de setembro
Nómina novembro
Fillos con Discapacidade
Dende o 03 de xuño ata ó 20 de setembro
Nómina novembro
Educación Infantil
Dende o 03 de xuño ata ó 20 de setembro
Nómina novembro
Anticipos sen Xuro
Dende o 03 de xuño ata ó 3 de setembro
Segundo Dispoñibilidade
Falecemento
Todo o Ano
Cando se produza o feito

Para solicitar as axudas ponte en contacto coa xente da C.I.G