13 de feb. de 2013

CALENDARIO LABORAL 2013



Este é o Calendario Laboral Definitivo, non tiveron en conta a Resolución do 28 de decembro do 2012 da Secretaría de Estado das Administracións Públicas, pola que se ditan instrucións sobre xornada e horarios de traballo. Cada día Correos coa axuda das Cuatrillizas afástannos mais da AGE.
 
VACACIÓNS: (mantense a discriminación entre persoal funcionario e laboral asinada por  CCOO, CSIF, S.L. UGT.)
  • Funcionarios  terán dereito a gozar vacacións retribuídas dun mes natural ou de 22 días hábiles anuais. En tal caso non terán a consideración de días hábiles os sábados.
  • Persoal laboral serán dun mes natural por cada ano completo de servizo.

6 DÍAS DE ASUNTOS PARTICULARES: Por cada ano natural. O prazo para o seu desfrute será ata o 31 de decembro de 2013, non obstante se por razóns de servizo non fose posible gozalos antes desa data poderanse prorrogar ata o 31 de xaneiro de 2014.

DÍAS ADICIONAIS (MANTEÑEN OS DÍAS ADICIONAIS PARA FUNCIONARIOS E LABORAIS, DE 1 A 4 DÍAS SEGUNDO ANTIGÜIDADE): Os días adicionais uniranse ás vacacións. Si se gozan en dous períodos, a cada un deles engadiranse os días hábiles correspondentes, procurando que a distribución sexa equilibrada.Excepcionalmente, sempre que as necesidades do servizo o permitan, os días adicionais poderanse gozar sen unir ás vacacións e en período distinto ao vacacional, pero en todo caso deberán gozarse necesariamente dentro do ano natural.

DESAPARECE O PERMISO DE DÍAS DE LIBRE DISPOSICIÓN: (días por trienios) que recollía para o persoal funcionario o suprimido apartado 2 do art.º 48 da Lei 7/2007 do 12 de abril (EBEP).

CAMPAÑA DE NADAL: Na medida que os índices de actividade e negocio o fagan posible e se establezan compensacións, os empregados poderán gozar ata 2 días de permiso (asuntos particulares ou días adicionais ás vacacións) sen penalización, a elixir; un día da semana entre o 2 e o 5 de decembro e o outro, o 23 ou o 30 de decembro.