POR FIN NOVIDADES ... BOAS DENTRO DO MALO, PERO POUCAS E CATIVAS !!
CONCURSO DE TRASLADOS
- Este més de outubro parece que darán a luz á primeira resolución do Concurso
- Para este mércores día 24 está convocada a Comisión de Traslados.
- Non era sen tempo, pois a convocatoria fíxose o día 2 de decembro do 2011.
- Agardamos que se cubran todas as vacantes xeneradas dende a última resolución de MAIO-2011.
REGULARIZACIÓN DO IRPF E DESCONTOS POR COTIZACIÓNS DOS LABORAIS
- Para este mes de outubro van regularizar o IRPF axustando o mesmo logo da disminución das retribucións anuais que supuxo a eliminación da paga extra.
- Da mesma maneira tamén regularizarán á baixa as Cotizacións Réxime Xeral e máis a Cotización D+F+P+S do persoal laboral.
- Despois de telo reclamado en varias ocasións dende a CIG parece que as nosas demandas deron o seu froito.
PAGA EXTRA ( COMPLEMENTO DE OCUPACIÓN - ESPECÍFICO)
- Por se non o sabiades o Convenio e Acordo recollen que estes complementos de Ocupación (Laborais) e Específico (Funcionarios) teñen que pagarse en 14 pagas iguais.
- Esto non se fai así e por ese motivo nos meses de xuño e decembro percibíamos unha cantidade superior a dos outros meses en concepto de Paga Adicional para compensar esa diferencia.
- A partires de xaneiro parece que se vaia a regularizar esto e serán 14 pagas iguais as que percibamos como esta recollido no Convenio e Acordo por estes Complementos.
DESCONTOS POR BAIXA
- Aplicarase o contemplado no RDL dos recortes para os funcionarios dende o 15 de outubro, é dicir: Os tres primeiros días de baixa percibirase o 50% entre o cuarto e o vinte o 75% e a partir do 20 o 100%
- Segundo nos comunican dende Correos, esta norma terá as seguintes excepcións:
- Situacións de Risco para o embarazo ou lactación
- Incapacidade Temporal que implique intervención cirúrxica ou hospitalización,
- Os procesos de IT que impliquen tratamentos de quimioterapia ou radioterapia, e
- Os procesos de IT que teñan o seu comenzo durante o estado de xestación.