CIG- Área Pública, dentro das accións da "Plataforma Galega en defensa
dos Servizos Públicos", fai chamamento á participación activa para
manifestar o rexeitamento ás politicas antisociais e regresivas feitas
polo PP, tanto para os Servizos Públicos en xeral como para a
destrucción de emprego público, asi como rexeitamento ó conxunto de
medidas que constitúen un ataque sen precedente aos nosos dereitos
individuais e colectivos como traballadores/as das distintas
Administracións Públicas.
LUGARES SAIDAS E HORAS:
A Coruña : Praza de Pontevedra---19 Horas - manifestación principal.
Compostela: Alameda -------------19 Horas
Ferrol : Praza de España -------- 19 Horas
Lugo: Edificio Adtvo Xunta------- 19 Horas
Ourense: Pabillón dos Remedios-- 19 Horas
Pontevedra: Praza da Ferreiría -----20 Horas
Vigo: Via Norte--------------------20 Horas.