Centos
e centos de delegados/as da CIG participaron hoxe nas concentracións
convocadas en todas as comarcas para rexeitar a aprobación do
Anteproxecto de Lei de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2013. A
central nacionalista denuncia que o Goberno español do PP utiliza a
escusa da austeridade e o control do déficit para reducir o
investimento público ao tempo que aumenta o gasto para pagar os
xuros da débeda.
As protestas celebráronse un día despois da aprobación dos
Presupostos do Estado para 2013, unhas contas públicas que afondan no
recorte de dereitos, servizos e prestacións sociais e no deterioro das
condicións laborais e de vida da maioría social. Nesta liña se
manifestou o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, durante a súa
intervención no acto celebrado en Santiago.
O máximo responsábel
da central nacionalista salientou aspectos especialmente negativos do
documento, como a conxelación salarial ou a taxa de reposición do 0%
para os empregados/as públicos. “Pola contra, o Goberno español do PP
decidiu incrementar o gasto para pagar 38.000 millóns de xuros da débeda
pública, confirmando que se está a premiar a especulación da banca coa
débeda”, indicou.
Ademais, Seixo advertiu que o Executivo de Rajoy ten previsto acompañar estes restritivos orzamentos cun Plan de Reformas que implicará, entre outras medidas, a “liberalización” de sectores públicos e a privatización de empresas. “Van introducir novas reformas no mercado laboral, no sector público e nas pensións, o que se traducirá en máis privatizacións e maior precarización das condicións de traballo, ademais de dificultar o acceso á xubilación parcial e anticipada”.
O secretario xeral da CIG censurou tamén a pouca credibilidade duns Orzamentos que “antes de que entren en vigor ou antes de que remate o ano serán modificados”. Ao mesmo tempo, salientou o feito de que sexan presentados xusto antes de tres procesos electorais, “o que demostra a súa clara intencionalidade política”. Para Seixo resulta moi pouco fiábel fixar o déficit para 2013 nun 4,5%, de igual xeito que “prever un incremento dos ingresos pola subida do IVE cando están a caer os salarios e o desemprego segue a aumentar”.
Finalmente, lembrou que a CIG está a desenvolver unha campaña co obxectivo de denunciar diante do pobo galego as “nefastas consecuencias” que tivo para Galiza o Goberno de Núñez Feijoó que inclúe manifestacións en todo o país o vindeiro xoves día 4 de outubro.
Ao remate das distintas concentracións deuse lectura a un comunicado da Secretaría da Muller da CIG para conmemorar o Día de Acción Global por un Aborto, Legal, Seguro e Gratuíto.
Galería de imaxes.
Video da concentración en Vigo