O persoal das administracións retoma as mobilizacións contra o recorte de dereitos e o desmantelamento dos servizos públicos
Centos de empregados/as do sector público secundan as protestas convocadas nos distintos centros de traballo de todo o País
Os empregados e empregadas da
administración pública retomaron este xoves o calendario de
mobilizacións en rexeitamento aos recortes laborais, sociais e
económicos impostos polo PP e contra o progresivo desmantelamento dos
servizos públicos. As protestas, que se desenvolveron nos distintos
centros de traballo de toda Galiza, volveranse repetir o todos os xoves
de setembro.
Para máis información preme AQUÍ