Alertan da intención do Goberno do PP de destruír unha ferramenta básica para a conquista de dereitos laborais
A CIG, CCOO e UGT desenvolverán este
venres 7 de setembro protestas conxuntas en todo o país en defensa da
negociación colectiva. As organizacións sindicais teñen convocadas
concentracións diante das asociacións de empresarios baixo o lema "A
negociación colectiva é un dereito". Ao mesmo tempo, fixeron público un
manifesto no que alertan sobre os plans do Goberno do Partido Popular
para rematar cunha ferramenta básica para a conquista de dereitos
laborais por parte da clase traballadora.
Para máis información: Manifesto conxunto e Lugares e Horas das concentracións, preme AQUÍ: