A CIG acorda iniciar unha campaña de mobilizacións contra a estafa do rescate
Convoca manifestacións nas sete cidades galegas e en Vilagarcía e na Estrada o 1 de xullo
A
Executiva Confederal da CIG reunida este luns, acordou pór en marcha unha
campaña de información, sensibilización e de mobilizacións ante o anuncio do
resgate do sector financeiro por uns 100.000 millóns de euros. A campaña
consiste na convocatoria de actos nas empresas e na vía pública, xunto coa
convocatoria de concentracións de delegados/as en todas as cidades e de manifestacións
nas sete comarcas de Galiza, o día 1 de xullo, para denunciar “o saqueo dos
gobernos e da banca á clase traballadora”.
Para máis información e para coñecer os horarios e lugares das manifestacións preme AQUÍ