Na reunión da Mesa Sectorial celebrada hoxe o presidente de Correos anunciou que está tarde se publicará a Convocatoria de 5.377 prazas para a Consolidación de Emprego. A CIG esixiu que todas elas sexan a tempo completo para non fomentar a precariedade laboral.
O presidente ante a queixa de todos as OOSS presentes sobre a implantación dos novos modelos de organización das carterias dixo que está aberto a que presentemos modelos alternativos para discutilos e si é preciso volver atrás e implantar un novo modelo que sexa de futuro e se adapte ás necesidades da paqueteria.
Así mesmo anunciou que despois da semana de reis se iniciarán as negociacións dun novo Convenio Colectivo, Acordo Xeral e Acordo Marco de Relacións Laborais.