Páxinas

20 de dec. de 2021

XUNTANZA DA MESA SECTORIAL DECLARACIÓN SOBRE O DIALOGO SOCIAL PARA O PLAN ESTRATÉXICO

 


A CIG subscribe conxuntamente con outras OOSS e a empresa unha Declaración que vén referendar e poñer por escrito nun documento os piares básicos nos que se debe basear o Correos do presente e futuro.

1.              Correos debe seguir sendo unha empresa 100% pública de emblema nacional, vertebradora de todo o territorio nacional e economicamente sostible no tempo. Mantendo o servizo postal universal.

2.              Manter o nivel de emprego actual. A empresa anuncia a  convocatoria de 5.377 postos fixos.

3.              O Sector Postal Tradicional debe continuar sendo un dos negocios crave de Correos e consolidar unha oferta integral de comunicación na que a comunicación dixital acompañe á comunicación en papel.

4.              Potenciar a economía nacional, beneficiando a PEMES e cidadáns coa prestación de servizos postais e loxísticos.

5.              Diversificar as actividades do Grupo Correos cara aos servizos loxísticos (mercadoría en xeral e alimentación), de paquetería express, financeiros e bancarios, solucións dixitais, servizos á Administración Pública e Internacionalización de Servizos de Paquetería.

6.              Correos debe continuar gañando cota no mercado da paquetería e consolidarse no liderado do sector, para que supla a caída sostida da carta. A tan mencionada caída da carta faise cada ano máis evidente: estímase que a carta en 2023 será un -75% menor que en 2013. Para elo deberase traspasar progresivamente mercancía dende CEX a Correos matriz.

7.              Ser referente en sustentabilidade ambiental e social, en liña cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e a Axenda 2030.

8.              Inclusión de Correos na rede da administración de “ventanilla única” de atención ao cidadán.

9.              Necesidade dunha mellora progresiva do nivel de retribucións dos traballadores/as.

10.           Correos anuncia que vai ser recoñecida como entidade de crédito electrónico polo Banco de España podendo ter IBAN e expedir tarxetas bancarias.

Dende a CIG queremos deixar claro a eses CCOOmpañeiros e aos oUGTros acompañantes de comparsa que a diferenza deles:

-                A CIG NON asina nin asinará ningún Convenio ou Acordo que sexa minimamente lesivo de cara aos traballadores/as. Lembremos que este Convenio asinado por eles penaliza por partida dobre as baixas, NON existe permiso para ir ao médico, nin para acompañar aos fillos nin a familiares dependentes, NIN ten unha cláusula de revisión salarial, NON se xuntou a Mesa do carburante para compensar as subas do combustible para o persoal RURAL.

-                A CIG NON intercambia nin vende os dereitos dos traballadores/ a cambios de horas de liberación ou cartos de Formación.

-                A CIG NON asina Acordos que humillen aos funcionarios/as cos niveis máis baixos de toda a Administración. Ademais lembremos que este colectivo tivo que ir ao xulgado para que lles recoñecerán as vacacións por días hábiles. 

Así que a CIG  leccións de negociacións e de defensa dos dereitos dos traballadores/as NIGUNHA.