Páxinas

13 de maio de 2021

Mesa Plan Estratéxico: Correos anuncia un Plan voluntario de Vehículos de Empresa para Rurais

 


Correos comunicou hoxe na Mesa do Plan Estratéxico a súa intención de iniciar en breve un Plan Voluntario de achega de vehículos de empresa para todos os carteiros rurais que achegan o seu propio coche. En Galicia son máis de 1.000 carteiros rurais que hoxe achegan o seu propio vehículo.

A CIG non ve mal esta medida a condición de que se respecte sempre o carácter voluntario.

Desde CIG insistimos na xuntanza en que o clamor xeneralizado do colectivo de rurais é que se incremente a indemnización por achega de vehículo que leva conxelado desde 2011grazas en parte á empresa e aos sindicatos asinantes  do Convenio e Acordo Xeral que non fixeron respectar o que asinaron.