Páxinas

12 de maio de 2021

A CIG Presenta denuncia na Inspección de Traballo e solicita a Paralización da orde do 7 de maio de recollida de firmas na PDA

 


A CIG presenta denuncia diante a Inspección de Traballo solicitando  que se paralice a entrada en vigor da orde de recoller as sinaturas na PDA e acuses de recibos dos produtos antes mencionados ate que a mesma non se estude, negocie e aprobe no seno da Comisión Estatal de Saúde Laboral baseándonos nas seguintes consideracións:

a)    Que os traballadores/as de Correos non están vacinados a pesares das reiteradas solicitudes realizadas por este sindicato, por ser un colectivo vulnerable ao contaxio e poder ser fonte de propagación do virus. Os traballadores de Correos foron cualificado como persoal esencial durante a pandemia.

b)    Que a recollida de sinaturas é unha exposición innecesaria dos carteiros/as ao contaxio pois é imposible saber si a persoa receptora está en corentena, contaxiado etc.

c)     Que a Modificación do documento de Medidas Organizativas e Preventivas do 18 de xaneiro de 2021 se realizou sen a convocatoria da Comisión Estatal de Saúde Laboral para a súa negociación e estudo desta medida. A empresa incumpre o artigo 18. Información, consulta e participación dos traballadores da Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais. A empresa incumpre o artigo 18. Información, consulta e participación dos traballadores da Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais. 

d)  A empresa NON xustifican que o cambio veña obrigado por ningún tipo de norma ou disposición legal aprobada recentemente.

e)  A empresa ten que garantir a saúde dos traballadores/as e dos cidadáns. En virtude do Estatuto dos Traballadores e da Lei de Prevención de Riscos Laborais 31/1995 é o empresario quen ten o deber da protección dos traballadores/as fronte aos riscos laborais. OS traballadores/as debemos garantir a nosa saúde e dos cidadáns, polo tanto estamos na obriga todos/as de cumprir estes parámetros. Incluído non realizar a nosa actividade laboral, si poñemos en perigo nosa saúde e dos cidadáns, como actualmente.

Dáse polo tanto, unha situación de grave risco para a saúde das traballadoras e traballadores, que desenvolven un contacto innecesariamente próximo coas usuarias e usuarios do servizo.