Páxinas

8 de ago. de 2025

CIG-Correos denuncia o pésimo servizo de Correos en O Porriño.

 


Máis de 8000 cartas sen repartir. 

Este é o cumprimento do SERVIZO POSTAL UNIVERSAL, que da Correos, mais de 300 empresas e vinte mil cidadáns sen un servizo axeitado. 

Mentres crece o mal estar na plantilla, que se ven afogados polas condicións nas que teñen que desenvolver o seu traballo. Logo Correos abonará multas por incumprir o SPU, mentres non hai cartos para contratación. 

A entidade seguirá a entregar cantidades millonarias por incumprir a lei de procedemento administrativo, mentres  manteñen o persoal con soldos de miseria. 

O persoal a enfermar e a accidentarse no traballo, froito da presión mentres o presidente da empresa se embolsa mais de 200000 euros de salario. 

E mentres todo isto ocorre hai quen asina acordos para desrregularizar a xornada, cambiar o calendario de vacacións a beneficio só da empresa...

Iso garantindo nova convocatoria de examen para que a xente obteña prazas de catro horas, mentres organizacións de negocio, chamadas CCOO, UGT e CSIF, fan o agosto a conta da necesidade de quen precisa un posto de traballo. 

VERGOÑENTO!