Páxinas

11 de maio de 2025

Plataforma Sindical contra o Acordo Marco


Os sindicatos CIG, LAB, SIPCTE, ESK, Intersindical Canaria, ELA e Intersindical Valenciana, seguimos traballando desde a unidade sindical para dar unha resposta conxunta á traizón máis grande que se perpetrou aos traballadores e traballadoras de Correos e que se plasmou en forma de Acordo Marco asinado o 31 de decembro de 2024 por Correos e os sindicatos CCOO, UGT, CSIF e SL e ratificada posteriormente por CCOO, UGT e CSIF o 15 de marzo.

Desde a unidade sindical temos realizado asembleas informativas nos centros de traballo, así como concentracións e roldas de prensa de forma coordinada coa finalidade de dar a coñecer, non só aos traballadores e traballadoras de Correos senón tamén á opinión pública, o recorte de servizos e a precarización de dereitos laborais e retributivos que se pretende cunha AMAZONIZACION da empresa, pero sen paquetes.

PRIMEIRA FASE (período inicial de negociación ata 15/03/2025 e que foi ampliado ata o 30/06/2025)
  • Saída de persoal funcionario mediante excedencias incentivadas (Persoal total actual 2.800 funcionarios/as)
  • Peche de Centros CEX e recolocación dos axentes clasificación deses centros a postos de reparto na mesma localidade ou provincia.
  • Convocatoria de Exame de Ingreso (medida para contentar a unha OOSS que fai un negocio moi lucrativo)
SEGUNDA FASE (Determínase como data límite ata o 01/10/2025)
  • Compromiso de que os gastos de persoal pasen do 85% actual ao 70% en 2 anos. (Redución entre 8 mil e 13 mil traballador@s)
  • Transformación integral do réxime retributivo, aplicando sistemas de medición individual do desempeño e incentivos. (Cobrarás dependendo do que repartas e/o vendas)
  • Calendario estacional onde ata un 10% das horas por xornada serán variables en función da carga prevista en cada estación. (Fixaranse no calendario laboral e a xornada diaria non poderá ser inferior a 5 horas nin superior a 9 horas)
  • Comprométense a afondar e actualizar, aínda máis, a mobilidade funcional e xeográfica. (Poderán cambiarche as funcións así como de centro de traballo dependendo das necesidades do servizo)
  • Aplicarase unha xornada de cuarta quenda, de martes a sábado tarde, naquelas unidades operativas onde as necesidades do servizo o aconselle. (En principio será con criterios de voluntariedade, pero xa sabemos que cando non hai voluntarios pasa a ser obrigatorio)
  • Tomaranse as medidas necesarias co fin de redistribuir o persoal das quendas mañá e tarde nun 60% - 40%. Na actualidade é dun 80% mañá e 20% tarde. Do mesmo xeito que no punto anterior se non hai voluntariedade irase á obrigatoriedade.
E se queres cobrar algo máis deberás vender os teus dereitos:
  • Incentivar de maneira voluntaria o desfrute das vacacións fóra do período de verán. (É dicir vender o teu dereito para desfrutar das túas vacacións en xullo, agosto ou setembro)
  • Aplicarase unha bolsa de horas, que será voluntaria e compensada, sobre o 10% da xornada anual en positivo e negativo, para poder regular as variacións de carga de traballo cun pre-aviso de 15 días.(por ao dispor da empresa 170 horas da túa xornada anual para que as empregue cando o precise.
Estas son as marabillosas medidas asinadas polos nosos/as "compañeiros/as" dos sindicatos CCOO, UGT e CSIF. Traizoaron a todos os traballadores/as de Correos así como dos que lle confiaron o seu voto. 

Nas nosas seccións sindicais tes á túa disposición o texto íntegro do Acordo Marco para que ninguén te engane con falsedades ou medias verdades.

Os sindicatos CIG, LAB, SIPCTE, ESK, Intersindical Canaria, ELA e Intersindical Valenciana defendemos un CORREOS PÚBLICO E DE CALIDADE dicimos NON AO ACORDO MARCO e loitamos por un CONVENIO DIGNO.

👇👇👇👇👇👇👇👇👇

Cartaz Plataforma Sindical Maio2025 by CIG Correos Lugo