Páxinas

14 de out. de 2021

Persoal Rural con achega de Vehículo

 


Os sindicatos asinantes séguenlle o xogo á empresa e mentres os carburantes seguen subindo sen control, en Correos nin se fala do problema. As cuatrillizas (CCOO, CSIF, UGT e S.L) seguen sen cumprir o establecido no III Covenio e Acordo Xeral enfrascados nas súas loitas persoais e de poder esquecéndose dos traballadores/as.

Estes sindicatos falan de defender aos traballadores nos seus panfletos, pero os feitos amosan outra cousa moi distinta. Dende o ano 2011 seguen sen reunirse coa empresa para tratar un tema que afecta a miles de traballadores/as como é o tema da indemnización por vehículo. 

Tanto a empresa como os sindicatos asinantes (CCOO, CSI-F, UGT e SL),  non cumpren co establecido no III Convenio e Acordo Xeral (ANO 2011) que di textualmente:

 “Coa finalidade de mellorar as condicións de traballo e de desenvolvemento profesional deste colectivo, as partes asinantes comprométense a analizar, dentro dos tres meses seguintes á entrada en vigor do III Convenio Colectivo e do presente Acordo, o custo que a evolución dos prezos do carburante tivo sobre o suplido percibido por este concepto e o sistema de determinación de cálculo e cobramento deste.”

Non constituír a mesa de carburante na cal se negocia a suba por achega de vehículo  é unha burla de cara ao persoal rural que ten en moitos casos (sobre todo cos recargos) sufragar do seu peto parte da prestación do servizo postal, cando é Correos quen ten que facelo. Esta é unha problemática que afecta especialmente ao persoal de Correos en Galiza que os sindicatos asinantes non queren ver.

Aqueles CCOOmpañeiros/as que chamaban ao presidente  Juanma na intimidade e agora chámano Sr. Serrano (no mellor dos casos) se senten  dunha P..... vez e se constitúa a Mesa de Carburantes!!!

Suba por achega do vehículo ao persoal rural XA !!

A suba imparable do diésel é inasumible !!