Páxinas

15 de set. de 2021

Publicadas as novas Bolsas de Emprego 2021

 

Publicadas as novas bolsas de emprego que entrarán en vigor a partires do 1 de outubro de 2021.

Dende o 1 de outubro os chamamentos se realizarán dende estas novas listaxes e serán os únicos dende onde se seleccionarán as contratacións.

Se presentaron 391.000 solicitudes das cales despois das valoracións dos méritos de cada un dos aspirantes finalmente se seleccionaron a 58.122.

Para comprobar se es ti uns dos 58.122 seleccionados debes realizar a consulta de forma individual a través da web de correos: 

https://www.correos.com/personas-y-talento/

Le a guía de consulta antes de realizala

Guía de Consulta

A consulta pódese realizar a partir de hoxe 15 de setembro.

Certificado Médico:

Antes de asinar o primeiro contrato, o candidato deberá achegar un certificado por parte do seu médico de cabeceira.

Rurais:

Correos insiste en que os postos de servizos rurais deben levar vehículo adaptado.

Se quedaches fóra das bolsa debes comprobar que a última persoa incluída nas bolsas que solicitaches NON teña unha puntuación inferior que a túa.

Se tes calquera dúbida ponte en contacto coa xente da CIG