Páxinas

14 de set. de 2021

Convocatoria Xefaturas de Equipo - Apertura do Prazo de Inscrición

 

Aberto o prazo de inscrición para optar a algunha dos 1.001 postos de traballo de xefaturas de equipo nas Áreas de actividade de Distribución, Oficinas e Centros Loxísticos.

PRAZO DE INSCRICIÓN

Dende o día 14 de Setembro ata o 22 de Setembro de 2021 a través de Conecta: canal Personas / apartado Convocatorias.

Ligazón: https://conecta.correos.es/

Bases:

Están convocadas 1.001 prazas de xefes de equipo en toda España:  distribución (442 prazas), oficinas (372) e loxística (187). Pódese presentar o persoal funcionario e laboral fixo. Haberá dúas promocións

Promoción horizontal:

Para participantes que xa ocupan de forma definitiva xefaturas, non teñen que facer a proba de coñecementos e competencias, e cubriran con carácter previo os postos ofertados.

Promoción vertical:

Aparte do concurso de méritos terán que facer unha proba de coñecementos e aptitudes cuxa puntuación máxima será de 9 puntos (o mínimo para aprobar son 5)  e competencias. Os inscritos poden acceder o contido de referencia da proba, ata o 30 de setembro.

Méritos ata 30-S:

Os méritos valoraranse ata o 30 de setembro.

Das 1.001 prazas convocadas  424 son pola mañá, 399 pola tarde, 107 itinerantes e 71 pola noite no ámbito de loxística.