- PROPOSTA PARA A ACHEGA DE VEHÍCULO AOS SERVIZOS RURAIS CON CARÁCTER VOLUNTARIO.
Decepción polo escaso contido da xunta, xa que o único que teñen determinado é que van a facer unha enquisa non aportando ningún tipo de documentación.
Coa enquisa que non será vinculante Correos quere determinar o numero de rurais que estarían dispostos a solicitar o vehículo para saber cantas furgonetas serían precisas.
Aínda que a idea inicial seria chegar a todos os rurais isto iria por etapas xa que é difícil chegar a todos en un primeiro momento. A enquisa elaborarase durante os meses de xullo, agosto e setembro para que todo o mundo que queira participe e non o colla de vacacións.
Unha vez se teña a enquisa elaboraranse os criterios para a substitución dos vehículos, ben por distancia, volume de paquetería, zonas xeográficas, etc. En principio non cambiaran as condicións dos postos de traballo salvo as retributivas no tocante a indemnizacións por achega de vehículo.
Dende a
CIG SOLICITAMOS:
·
Que a entrega destes vehículos se
faga coa maior celeridade posible.
·
Que o criterio para a súa entrega
sexa única e exclusivamente o de
xustiza, é dicir: que se entregue a todos os rurais que así o soliciten.
·
Que mentres non se faga a substitución
dos vehículos se actualicen os suplidos
por achega de vehículo (conxelado dende o 2011 grazas aos sindicatos
CCOO, UGT, SL e CSIF asinantes do Convenio e Acordo Xeral)
- XUBILACIÓNS PARCIAIS (Persoal Laboral)
Na reunión Correos informounos que a SERETARIA DE ESTADO DE PRESUPOSTOS E GASTOS aprobou para Correos as “Xubilacións parciais vinculadas a contratos de relevos”.
Correos di que empezará cos tramites o máis rápido posible.
Requisitos para acceder ás xubilacións parciais: ter cumpridos 61 anos e 10 meses con 35 anos cotizados ou ter 62 anos e 8 meses e 33 anos rexistrados na Seguridade Social cunha antigüidade mínima de 6 anos ininterrompidos en Correos inmediatamente anteriores á data da xubilación.
O tanto por cento
de redución de xornada para a xubilación parcial anticipada será do 75%: o
xubilado parcial acumulará o tempo de prestación efectiva de servizos de todo o
período da xubilación parcial ao principio da nova situación. O contrato
realizaráselle a un traballador desempregado ou que tivese concertado con
Correos un contrato dunha duración determinada.